miércoles, 18 de diciembre de 2013

Tipos de xeometría nun incendio


A xeometría dun incendio consiste en asimilar o perímetro da zona queimada estudando a forma na que se propagou. Isto nos permite situar de xeito aproximado a zona de inicio do lume.Existen oito modelos de propagación.

Os tipos de xeometría nun incendio son os seguintes:

Nota: (o x marca o punto de inicio de un incendio)
1º Pouco ou ningún vento. Terreo chan. Distribución uniforme dos combustibles.

2º Vento variable con topografía irregular con combustibles heteroxéneos.
3º Vento ou pendente suave distribución uniforme dos combustibles.


4º Propagación máis rápida con vento lixeiramente variable pendente acentuada.



5º Duas pendentes separadas por unha valgada. Vento variable.


6º Forte pendente na que o material rodante cae pola pendente. Vento forte.


7º Lume empuxado por vento forte e pendente suave.

8º Vento forte distribución heteroxénea dos combustibles. Pendente forte e aparición de focos secundarios.





OPINIÓN PERSOAL:

En Galicia estanse perdendo as árbores autóctonas, e lévanse a cabo grandes plantación de árbores como o pino, este é unha das árbores que mellor arde; por iso hai tantos incendios na nosa comunidade.
(Jesús, Xesús, Yanil, Joel y Lucas)