miércoles, 18 de diciembre de 2013

Tecnoloxía empregada na investigación dos lumes forestais

O mércores 27/11/13 un membro da BIIF ("0s C.S.I. do monte" )do Distrito VIII - Terra de Lemos ensinounos o traballo que tiñan que facer  os axentes para a investigación dos incendios forestais. Tiñan que seguir:
- Determinación das situacións de risco.
- Investigacións de causas.
- Seguimento xudicial.

 Tamén nos ensinou un maletín no que había os seguintes obxectos :



1.Guantes
2.Pincel
3.Rasqueta
4.Cravos
5.Calibre
6. Navalla




 
     



       7.Outras ferramentas
       8.Lupa
       9.Cinta métrica
      10.Martelo
      11.Fio






Tamén había bandeiras para marcar as circunstancias:
Vermellas=>Para marcar lume forte.
Amarelas=>Para marcar lume frouxo.
Brancas=>Para marcar o inicio do lume.

Estes materiais son importantes á hora de elaborar e observar feitos e detalles para lembrar máis tarde. Ademais destes materiais utilizan facer un seguimento do tempo.
Tamén vimos unha exposición sobre este tema no salón de actos do "I.E.S Daviña Rey".
Lucía, Rocio,Uxía García,Vicente, Uxía Rey.
A nosa opinión:
-Creemos que se debería vixiar os montes.
-Ampliar as áreas naturais protexidas.
-Obrigar aos propietarios das fincas a limpalas.
-Aumentar a formación da cidadanía mediante as redes sociais,medios de comunicacións.
-Multar á cidadanía que deposite residuos en espazos públicos, para que así non se formen os vertedoiros incontrolados.
-Endurecer as penas que se lle poñen a os pirómanos.
-Controlar a poboación de animais salvaxes.
INFORMACIÓN EXTRA:
A xunta de Galicia terá o próximo ano un novo axudante un "dron"(un helicóptero non pilotado) na nosa opinión creemos que canta máis tecnoloxía mellor é a investigación e se queres ver máis información clic aquí.