martes, 17 de diciembre de 2013

SALVA A VIDA DOS BOSQUES

O mércores 27/11/2013, tivemos unha charla sobre investigación de lumes forestais e as posibles causas, das que presesntamos un resumo.
O primeiro que se investiga é a área de inicio, disto encáganse as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais, tamén chamadas B.I.I.F.
      As causas máis habituais son:
  • Todo o que teña que ver coa electricidade (raios, cabres eléctricos...).Os raios ,por exemplo, son un factor natural que causan un 10% dos incendios neste distrito (nº 8)
  • Seres vivos poden provocar un incendo (coma paxaros que se suben aos cables).
  • O lixo facilita as posibilidades de que se cree o lume.
  • Queimas agrícolas.
  • Facer barbacoas ao aire sen permiso nin protección libre.
  • Un vidro cando se reflexa co Sol pode queimar a herba e orixínase un incendio.
  • Tirar cabichas ao campo desde calquer vehículo.
  • Os vehículos a motor que pasan polo monte poden provocar un incendio,hai máis risco se os deixan aparcados
  • Cando os cables eléctricos tocan a vexetación provocan un incendio.
  • Outras
    Na investigación dos montes é importante ter moitos postos de vixiancia, para localizar mellor, e máis rápido o lume. Cremos que isto é crucial, pois podemos actuar máis rápido.
 
Na primeira foto, un coche que iniciou un lume
Na última foto vénse as banderiñas que utiliza o equipo de investigación para identificar cal  é orixe do incendio,  a dirección que levou ou os vestixios de cabichas, cristais... 
Se queredes mais información podedes consultar este libro escrito por José Manuel Ferro Veiga:
Métodos científicos en la investigación de incendios


Sara, Nerea, Paula, Zaida y Elisa