viernes, 10 de enero de 2014

Vestixios

Os incendios son unha das causas que máis afectan á degradación dos bosques e da natureza en xeral. Un incendio afecta á flora, á fauna, á paisaxe, ao solo, ás augas, á atmosfera, á economía e a poboación. Todos estos elementos son analizados con detalle polos membros das BIIF.

 

Vestixios

Cando un investigador chega a un lume observa todo o que está ao seu arredor, a flora ..... (vestixios de plantas) e os hábitats dos animais.
A paisaxe queda moi deteriorada, coa perda de sales minerais (vestixios de animales e de rocas)
Tamén entrevista aos posibles beneficiaros da queima e persoas relacionadas coa zona queimada (propietaros, veciños ...). Estes datos axudan a atopar a área de inicio (nas imaxes podemos ver dúas áreas de inicio, se rodean cunha cinta e se poñen banderiñas indicando a dirección de propagación do lume, a blanca indica o posible punto de inicio); e as causas mais probables xunto coa direccion do lume.
Existen 10 tipos de vestixios:
Grado de danos, patrón de queima, exposición/protección, lascamento, modelos de carbonización, escamado, petrificación, manchas de hollín, cor das cinzas e talos de gramíneas.

Durante o incendio quedan gases contaminantes da atmosfera. Moita xente perde moitos cartos e a vivenda despois dos incendios forestais. poboación pode diminuir porque algunha xente que vive dos recursos do monte, xa non os ten e precisan buscar outra forma de vida. (Entrevistas a testemuñas do lume).
 
OPINIÓN:
Debemos parar os incendios porque é moi perigoso para a atmosfera, para nós... coidemos o medio ambiente!
Laura,Sandra,Yoli,Miri y Sofia.


Se queredes mais información sobre o tema podedes consultar este libro:
Peon de Defensa Contra Incendios Forestales. Temario Y Test. Xunta deGalicia

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Tecnoloxía empregada na investigación dos lumes forestais

O mércores 27/11/13 un membro da BIIF ("0s C.S.I. do monte" )do Distrito VIII - Terra de Lemos ensinounos o traballo que tiñan que facer  os axentes para a investigación dos incendios forestais. Tiñan que seguir:
- Determinación das situacións de risco.
- Investigacións de causas.
- Seguimento xudicial.

 Tamén nos ensinou un maletín no que había os seguintes obxectos :



1.Guantes
2.Pincel
3.Rasqueta
4.Cravos
5.Calibre
6. Navalla




 
     



       7.Outras ferramentas
       8.Lupa
       9.Cinta métrica
      10.Martelo
      11.Fio






Tamén había bandeiras para marcar as circunstancias:
Vermellas=>Para marcar lume forte.
Amarelas=>Para marcar lume frouxo.
Brancas=>Para marcar o inicio do lume.

Estes materiais son importantes á hora de elaborar e observar feitos e detalles para lembrar máis tarde. Ademais destes materiais utilizan facer un seguimento do tempo.
Tamén vimos unha exposición sobre este tema no salón de actos do "I.E.S Daviña Rey".
Lucía, Rocio,Uxía García,Vicente, Uxía Rey.
A nosa opinión:
-Creemos que se debería vixiar os montes.
-Ampliar as áreas naturais protexidas.
-Obrigar aos propietarios das fincas a limpalas.
-Aumentar a formación da cidadanía mediante as redes sociais,medios de comunicacións.
-Multar á cidadanía que deposite residuos en espazos públicos, para que así non se formen os vertedoiros incontrolados.
-Endurecer as penas que se lle poñen a os pirómanos.
-Controlar a poboación de animais salvaxes.
INFORMACIÓN EXTRA:
A xunta de Galicia terá o próximo ano un novo axudante un "dron"(un helicóptero non pilotado) na nosa opinión creemos que canta máis tecnoloxía mellor é a investigación e se queres ver máis información clic aquí.

Tipos de xeometría nun incendio


A xeometría dun incendio consiste en asimilar o perímetro da zona queimada estudando a forma na que se propagou. Isto nos permite situar de xeito aproximado a zona de inicio do lume.Existen oito modelos de propagación.

Os tipos de xeometría nun incendio son os seguintes:

Nota: (o x marca o punto de inicio de un incendio)
1º Pouco ou ningún vento. Terreo chan. Distribución uniforme dos combustibles.

2º Vento variable con topografía irregular con combustibles heteroxéneos.
3º Vento ou pendente suave distribución uniforme dos combustibles.


4º Propagación máis rápida con vento lixeiramente variable pendente acentuada.



5º Duas pendentes separadas por unha valgada. Vento variable.


6º Forte pendente na que o material rodante cae pola pendente. Vento forte.


7º Lume empuxado por vento forte e pendente suave.

8º Vento forte distribución heteroxénea dos combustibles. Pendente forte e aparición de focos secundarios.





OPINIÓN PERSOAL:

En Galicia estanse perdendo as árbores autóctonas, e lévanse a cabo grandes plantación de árbores como o pino, este é unha das árbores que mellor arde; por iso hai tantos incendios na nosa comunidade.
(Jesús, Xesús, Yanil, Joel y Lucas)

martes, 17 de diciembre de 2013

SALVA A VIDA DOS BOSQUES

O mércores 27/11/2013, tivemos unha charla sobre investigación de lumes forestais e as posibles causas, das que presesntamos un resumo.
O primeiro que se investiga é a área de inicio, disto encáganse as Brigadas de Investigación de Incendios Forestais, tamén chamadas B.I.I.F.
      As causas máis habituais son:
  • Todo o que teña que ver coa electricidade (raios, cabres eléctricos...).Os raios ,por exemplo, son un factor natural que causan un 10% dos incendios neste distrito (nº 8)
  • Seres vivos poden provocar un incendo (coma paxaros que se suben aos cables).
  • O lixo facilita as posibilidades de que se cree o lume.
  • Queimas agrícolas.
  • Facer barbacoas ao aire sen permiso nin protección libre.
  • Un vidro cando se reflexa co Sol pode queimar a herba e orixínase un incendio.
  • Tirar cabichas ao campo desde calquer vehículo.
  • Os vehículos a motor que pasan polo monte poden provocar un incendio,hai máis risco se os deixan aparcados
  • Cando os cables eléctricos tocan a vexetación provocan un incendio.
  • Outras
    Na investigación dos montes é importante ter moitos postos de vixiancia, para localizar mellor, e máis rápido o lume. Cremos que isto é crucial, pois podemos actuar máis rápido.
 
Na primeira foto, un coche que iniciou un lume
Na última foto vénse as banderiñas que utiliza o equipo de investigación para identificar cal  é orixe do incendio,  a dirección que levou ou os vestixios de cabichas, cristais... 
Se queredes mais información podedes consultar este libro escrito por José Manuel Ferro Veiga:
Métodos científicos en la investigación de incendios


Sara, Nerea, Paula, Zaida y Elisa

lunes, 18 de noviembre de 2013

Estatística de lumes

Estatística e investigación de causas

No desenvolvemento das tarefas de investigación é importante levar conta dunha estatística de lumes desenvolvidos en distintas parroquias e durante un ciclo de tempo. Deste xeito pódense observar posibles tendencias de aumento e disminución de lumes segundo a zona, a época do ano e outros factores como a meteoroloxía.
Tamén se pode valorar si o aumento o disminución de lumes ocurre só nun distrito ou é algo que aconteceu en varios distritos a un tempo.
No seguinte vídeo poden verse os cambios de tendenza de dous distritos galegos, o VIII e o XVIII dende o ano 2007 ao ano 2012. Os datos están extraídos da web do IGE.



ANODistrito XVIII - Vigo-Baixo MiñoDistrito VIII- Terra de Lemos
200725985
200812666
2009261122
2010355117
2011366238
2012287136
Podes manipular ti mesmo os datos neste gráfico:

Tamén é interesante ver os cambios anuais neste gráfico radial, fíxate que se o debuxo ten a mesma forma indica unha tendencia similar, case "proporcional"

miércoles, 30 de octubre de 2013

Causas de incendios forestales

Esquema 1 sobre causas de incendios forestales


Realizado por Paula, Zaida, Sara y Nerea (2º ESO)
Descarga aquí este archivo en pdf
Descarga aquí este archivo en formato png
Si quieres ver otros esquemas haz click aquí